VI. ANUNCIOS
DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
CORRECCIÓN de erros.-Anuncio do 3 de marzo de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de imposición de sancións pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notifcados por comparecencia (Martínez Fontán, Ramón e outro máis).
Advertido un erro no citado anuncio, publicado no DOG número 64, do venres 31 de marzo de 2000, cómpre face-la seguinte corrección:
-Na páxina 4.463, no anexo da columna da esquerda, na táboa, onde di: «Procedemento. Expte.: A-2413/99», debe dicir: «Procedemento. Expte.: Z-2413/99».