De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase un acordo de denegación de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 Ent., Ourense das 9 ás 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 20 de marzo de 2000.
Norberto Francisco Bayón Rey
Delegado territorial de Ourense
ANEXO
-Interesado:
Nilo López Conde.
DNI: 34.954.511P.
San Paio, 18-3º C, Ourense.-Procedemento:
Denegación devolución ingresos indebidos.
Exp. 1758/1994.
Dev. 74/1998.