Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Autos Paco, S.L.
Domicilio social: Sáenz Díez, 35, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. para vivenda e taller en Currás.
Situación: San Cibrao das Viñas.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 52 m de lonxitude, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde a L.M.T. Rairo-A Manchica, e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kV, R/T 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 14 de marzo de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

