Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba e autoriza o proxecto denominado reelectrificación na Veiga, Raíño, Reximil e A Pesqueira, nos concellos de Cospeito e Castro de Rei. (Expediente 27/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro, 4, Lugo que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que na tramitación do expediente a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. chegou, ó amparo do artigo 24 da Lei de expropiación forzosa de 1954, a un mutuo acordo co único interesado sometido ós trámites expropiatorios polo que, mediante escrito ó 31 de xaneiro de 2000, solicita que se admita o seu desistimento en canto á solicitude inicial de declaración de utilidade pública da instalación L.M.T. ó C.T.I. da Veiga, (obxeto deste expediente) e que se dicte resolución exclusivamente na parte que corresponda á autorización administrativa e á aprobación do proxecto de execución.

Visto que, en cumprimento do establecido no artigo 91.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola

Lei 4/1999, do 15 de xaneiro, se lles deu traslado desta solicitude de desistencia ós interesados sen que dentro do prazo establecido para o efecto se formulasen obxeccións a ela.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión derivación ó C.T. da Veiga de 20 kV en conductor LA-56, de 54,6 mm de sección, sobre apoios de formigón ou torres metálicas, e illamento tipo U-40 nivel II, cunha lonxitude de 1.134 m. Con orixe no punto 10 da L.M.T. derivación ó C.T. das Casas Novas e remate no C.T. da Veiga.

2. Centro de transformación aéreo intemperie da Veiga sobre apoios metálicos, relación de transformación 20.000/380-220 V situado na Veiga cunha potencia de 160 kVA.

3. Rede de baixa tensión na Veiga con orixe no C.T. da Veiga e cunha lonxitude de 3.020 m.

Segundo.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 14 de xullo de 1999.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 1 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo