Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de marzo de 2000, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00401-I-1999).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de confomidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 17 de marzo de 2000.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00401-I-1999

M-9164-LL

G.C. Tráfico

LE9OR0033289433

Francisco J. Méndez Lorenzo

Eiravedra-Xil, s/n

36968 Meaño (Pontevedra).

Realizar transporte de mercadorías (gando) con vehículo matrícula M-9164-LL (vehículo de 2 eixes provisto de autorización da serie MPC), que presenta un peso total en báscula de 4.550 quilogramos, estando autorizado para un PMA de 3.500 quilogramos, o que supón realizar transporte cun exceso de 1.050 quilogramos que representa un 30% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado.

29-9-1999; 2-57;

Art. 200.3º do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.