Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15009 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Buxán-Casais-A Coruña.
Situación: Val do Dubra.
Descricións técnicas: reforma da rede de baixa tensión do C.T. Buxán de 1.050 m en conductor R.Z. Concello de Val do Dubra.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;
tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 15 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña