Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Melón de Abaixo, Quinta do Monte.
Situación: Esgos.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 102 m en conductor LA-56, derivada desde o apoio nº 12 da L.M.T. a Quinta do Monte, e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Melón de Abaixo. Redes de baixa tensión en Melón de Abaixo e Quinta do Monte.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 21 de marzo de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense