Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: desvío instalacións na Valenzá.
Situación: Barbadás.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 335 m en conductor R.H.V. 12/20 kV, coa orixe e remate na L.M.T. circunvalación Ourense ó seu paso sobre o campo de fútbol da Valenzá.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 21 de marzo de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense