Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: C.T., R.B.T. Trigás, Sagra.
Situación: O Carballiño.
Descricións técnicas: centro de transformación aéreo de 100 kVA, 20.000/380-220 V en Trigás. Redes de baixa tensión en conductor tipo R.Z. derivadas dos transformadores existentes en Sagra e Mesego.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 21 de marzo de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense