Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000 pola que se fai pública a adxudicación das obras de reparación dos bloques C-11 e B-8 na rúa Marín e dos bloques C-8, C-61 e C-63 na rúa Cangas no polígono de Coia de Vigo. (Expediente PO-98/REP 02).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do18 de maio, de contratos das administracions públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o contrato de referencia, polo sistema de concurso aberto, á empresa Construcciones Ramírez, S.L., por un importe de 93.874.400 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo