Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de vivenda E.S.OU-33/1999, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda E.S.OU-33/1999 por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, a interesada poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer, ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Deberá ingresa-lo importe da sanción na conta aberta en Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobramento de multas e sancións (conta nº 3110000897) no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro). De non facelo dentro deste prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Ourense, 13 de marzo de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: E.S. OU-33/1999.

Responsable: Mercedes Domarco Caldevilla.

DNI: 34.911.542-A.

Último enderezo coñecido: Avda. Santiago, 125, 4º-4. 32001 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, promoción pública, da que é adxudicataria, a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5º c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.