Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores, cos números que se indican, por non destina-las vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
Á dita infracción impónselle unha multa de 200.000 ptas., sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 22 de marzo de 2000.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 40/1998.
Ramón Torres Mato.
Torre 2-6º D.
Labañou-A Coruña.
VP-C 4/1999.
Manuel Fachado Sayar.
Urbanización Sol y Mar.
Bloque 11, portal 3, escaleira 1-1º D.
Oseiro-Arteixo.

