Rematado o prazo de exposición ó público, logo do anuncio no Diario Oficial de Galicia da aprobación inicial da delimitación de unidade de execución sita en Pazos-Sada, promovido por Manuel Cortés Rodríguez e outro, así como do proxecto de urbanización e do proxecto de compensación, a Alcaldía-Presidencia do Concello de Sada, en virtude das facultades que lle confire o artigo 21.1º.j)
da Lei 7/1985 do 2 de abril, resolve aprobar definitivamente os devanditos instrumentos urbanísticos.
Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a alcaldía do concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.
No suposto de que se interpoña recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.
Non obstante, poderase interpoñer calquera outro que se coide pertinente.
Sada, 17 de marzo de 2000.
O alcalde
Rubricado