Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

Rematado o prazo de exposición ó público, logo do anuncio no Diario Oficial de Galicia da aprobación inicial da delimitación de unidade de execución sita en Mandín-Soñeiro, promovido por Promo Plutón, S.L., así como do proxecto de urbanización do proxecto de compensación, a Alcaldía-Presidencia do Concello de Sada, en virtude das facultades que lle confire o artigo 21.1º.j) da Lei 7/1985 do 2 de abril, resolve aprobar definitivamente os devanditos instrumentos urbanísticos.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a alcaldía do concello, no prazo dun mes contado desde o dia seguinte ó da súa publicación no DOG. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

No suposto de que se interpoña recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desesti

mado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Non obstante, poderase interpoñer calquera outro que se coide pertinente.

Sada, 17 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado