Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

Na sesión plenaria do 17 de marzo de 2000 aprobouse definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución sita en Mandín-Soñeiro, promovida por Promo Plutón, S.L.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a alcaldía do concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

No suposto de que se interpoña recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo pra interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Non obstante, poderse interpoñer calquera outro que se coide pertinente.

Sada, 20 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado