1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Nº de expediente: 102/2000.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión e conseguinte explotación do servicio de limpeza viaria en Verín.
b) Lugar de execución: municipio de Verín.
c) Prazo da concesión: quince anos (prorrogables).
d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución das obras: non.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 25.100.000 ptas. (150.854,0382 euros).
5. Garantías.
Provisional: 500.000 pesetas (3.005,0605 euros).
Definitiva: 1.000.000 de pesetas (6.010,1210 euros).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (13 días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).
7. Requisitos específicos do contratista.
Non se esixen.
8. Presentación das proposicións.
a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (13 días naturais) desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).
b) Documentación que integrarán as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse consonte co establecido na cláusula oitava do prego das administrativas particulares que rexen no concurso.
c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obriga a mante-la súa oferta: un mes e medio desde o remate do prazo de presentación de proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, slavo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.
b) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décima das da contratación.
b) Consulta documentación: nas dependencias municipais.
11. Los gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.
Verín, 3 de abril de 2000.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde