Os nove concellos integrantes do Consorcio das Mariñas (A Coruña) -Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada-, na asemblea que tivo lugar o día 18 deste mes, acordaron aprobar provisionalmente os seus estatutos.
De conformidade co disposto no artigo 140 da Lei de Administración local de Galicia, ábrese o prazo de información pública durante un mes a partir do día seguinte ó da derradeira publicación desde anuncio (no BOP ou no DOG), co fin de que os interesados poidan examina-los estatutos na secretaría xeral de calquera dos concellos integrantes do consorcio.
Durante este prazo poderanse formula-las alegacións que consideren oportunas e presentalas no rexistro xeral do Concello de Culleredo.
Culleredo, 21 de febreiro de 2000.
Julio Sacristán de Diego
Presidente da Comisión Xestora