Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.587

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 7 de abril de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Por Orde do 13 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 54, do 17 de marzo), anunciouse a convocatoria pública para a provisión dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e cumpridos os trámites previstos no Decreto 178/1994, do 16 de xuño, polo que se desenvolve a estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, esta consellería, en uso das facultades que na dita norma se lle outorgan,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, anunciada por Orde do 13 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 54, do 17 de marzo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, na praza que se indica, á persoa seleccionada no anexo desta orde.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto: xerente xeral.

Nome e apelidos: Jordi Riba i Hibernón.

DNI: 37.265.486.

Titulación académica: titulación superior.