Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.588

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 6 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 29 de marzo) pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza de vicexerente vacante neste organismo.

Advertidos erros na resolución desta universidade do 6 de marzo de 2000 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, mediante o sistema de libre designación, dunha praza de vicexerente vacante na Universidade da Coruña, este rectorado ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede á súa rectificación nos seguintes termos:

Na páxima 4.340 onde di: «...no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE», debe dicir: «...no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG».

Como consecuencia desta rectificación, o prazo de presentación de solicitudes será de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de marzo de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña