Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 10 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación de dúas obras: a restauración da igrexa de Santa María de Sobrado dos Monxes (A Coruña) e a restauración da cuberta da igrexa de San Cristovo de Novelúa en Monterroso (Lugo).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos de obras:

1. Restauración da igrexa de Santa María de Sobrado dos Monxes (A Coruña).

-Orzamento de licitación: trita e cinco millóns de pesetas (35.000.000 de ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: oito (8) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo k, subgrupo 7, categoría c.

2. Restauración da cuberta da igrexa de San Cristovo de Novelúa en Monterroso (Lugo).

-Orzamento de licitación: sete millóns oitocentas noventa e sete mil trescentas dezaoito pesetas (7.897.318 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo k, subgrupo 7, categoría c.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obra estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunica

ción Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B e C) para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo