Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000 pola que se lle outorga permiso de actividade e concesión para a instalación dunha estación depuradora en Boiro (A Coruña) a Mariscos Redemar, S.L.

Visto o expediente iniciado a instancia de Clara Eugenia Triñanes González, con DNI 33.240.331, actuando en nome e representación de Mariscos Redemar, S.L., no que solicita concesión e permiso de actividade para a instalación dunha estación depuradora no lugar de Esteiro-Castro-Paraxe A Granxa, Boiro (A Coruña).

Tendo en conta que a súa tramitación se realizou de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, (DOG nº 101 do 31), Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, (DOG nº 142 do 24-7-1997), Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas,

e o Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da citada Lei 22/1988.

Tendo en conta que, con data do 19-2-1999 a Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente outorga a concesión administrativa para a ocupación de 149 m de terreos de dominio público marítimo-terrestre para a instalación da caseta de bombas e tuberías de toma de auga de mar e desaugadoiros do establecemento que se pretende instalar.

Examinada a documentación que compón o expediente e tendo en conta os informes que constan nel, e por proposta da Delegación Territorial desta consellería na Coruña, logo do informe do Servicio Técnico Xurídico, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Mariscos Redemar, S.L., con CIF nº B-15.520.711, permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

Establecemento auxiliar de acuicultura: estación depuradora.

Situación: Esteiro-Castro-Paraxe A Granxa-Boiro (A Coruña).

Especies: moluscos.

Superficie total do establecemento: 1.161 m.

-Dominio privado: 1.012 m.

-Dominio público: 149 m.

Características das instalacións:

* Interiores:

Planta baixa; 1 nave de 947 m e 6 piscinas de depuración cunha superficie total de 514 m (cinco piscinas de 87 m cada unha e unha de 79 m).

Entreplanta; oficinas e vestiarios.

* Exteriores:

-Toma de auga, dominio privado 10 m e dominio público 76,70 m.

-Desaugadoiros, dominio privado 10 m e dominio público 64,80 m.

-Caseta de bombas, dominio público 7,50 m.

-Depósito de cloración, dominio privado 45 m.

(Ver anexo).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade e concesión outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados desde o día seguinte á publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, prorrogables por períodos máximos doutros 10 anos, logo da petición do interesado presentada dentro dos sesenta días anteriores ó remate da vixencia.

O prazo de vixencia do título habilitante, así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar, para o permiso de actividade e a concesión de ocupación de dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-A situación e as obras de instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxectos presentados. As obras deberán comezar no prazo de dous (2) meses, e deberán quedar rematadas no prazo máximo de dous (2) anos. O seu remate comunicarase mediante escrito á Delegación Territorial desta consellería na Coruña, para os efectos de practicar, previamente á posta en funcionamento, a inspección destas.

Terceira.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado o dominio público, obras e instalacións. Estas e mailo establecemento a que fai referencia esta concesión e permiso de actividade non poderán alugarse nin seren destinadas a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto poderán modifica-las instalacións, agás que medie permiso expreso desta consellería.

Cuarta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión da ocupación do dominio público marítimo-terrestre, ó amparo do disposto na resolución da Dirección Xeral de Costas do 19-2-1999, o permiso de actividade a que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, e no artigo 6 do Decreto 193/1997, do 5 de xuño, citados.

Quinta.-O establecemento debe cumpri-lo disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, así como no Real decreto 571/1999, do 9 de abril, polo que se aproba o Regulamento técnico-sanitario

que fixa as normas aplicables á producción e comercialización dos moluscos bivalvos vivos e demais concordantes que lle sexan de aplicación.

Sexta.-O outorgamento desta concesión e permiso de actividade non exime o seu titular da obtención doutras licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Sétima.-O titular do establecemento xustificará o pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contenciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura