Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de abril de 2000 polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico as Fogueiras de San Xoán da Coruña, a Festividade da Virxe de Guadalupe de Rianxo e o Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, Muros.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de abril de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festas de Galicia de interese turístico na provincia da Coruña, as Fogueiras de San Xoán na Coruña, a Festividade da Virxe de Guadalupe en Rianxo e o Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, Muros, de conformidade co establecido no Decreto 203/1998, do 25 de xuño, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no artigo 7 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras das festas e ós concellos correspodentes.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo