Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Casteleiro Maldonado e outros.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña tramítase o recurso nº 82/1999, interposto por Manuel Casteleiro Maldonado e outros contra ámbalas dúas resolucións da mesa do claustro universitario da Universidade da Coruña, dos días 10 e 26 de novembro de 1999, relativas á reforma dos estados desas universidade.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas nese procedemento, emprazándoos para que poidan comparecer en legal forma perante o devandito xulgado e recurso, no prazo de

nove días, facéndolles saber que de comparecer forá do indicado prazo, serán tidos por parte para os trámites non precluídos, e que, de non comparecer oportunamente, continuará a tramitación do procedemento sen a obriga de practicarlles notificación algunha (artigos 49 e 50 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2000.

Maximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria