Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T. derivación Cesantes (concello de Redondela), a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 9/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 4 de outubro de 1999 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico), fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que, o día 1 de xuño

de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Redondela, sinalados cos números:

Predios: 2-8.

Hora: 10.

Día: 1-6-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles enviará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 17 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 99/9 Provincia: Pontevedra

L.M.T. derivación Cesantes-O CarballiñoTermo municipal: Redondela

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2PozánPradoLuis Rodríguez VilachánO Carballiño-Cesantes, 199

36693 Redondela

990

3PozánHortaJesús Rodríguez VilachánO Carballiño-Cesantes, 161

36693 Redondela

25250

4Eido

Labrega

LabradíoMª Carmen Míguez CabaleiroOuteiro das Penas-Cesantes, 29

36693 Redondela

1-2435222

6O CarballiñoHortaJesús Rodríguez VilachánO Carballiño-Cesantes, 161

36693 Redondela

3216140

8O CarballiñoLabradíoDolores Martínez Alonso e Hrdos.O Carballiño-Cesantes, 204

36693 Redondela

440