Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: soterramento L.M.T. 20 kV LA Viveiro-tramo estrada vella Celeiro.
Situación: Viveiro.
Descricións técnicas: desmontaxe da liña de media tensión aérea existente. Substitución por liña de media tensión subterránea a 20 kV en conductor D.H.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 3 de abril de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

