Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.025

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de autos (853/1999).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 853/1999, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Antonio Cierto Pazos, fronte á empresa Manuel Rosendo Fernández y Otra, S.C., Manuel Rosendo Fernández e Consuelo Corrales Cantariño, en reclamación de cantidade, se dictou, con data do 13 de abril de 2000, sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:

«Que, estimando a demanda promovida por Antonio Cierto Pazos, fronte á empresa Manuel Rosendo Fernández y Otra, S.C., Manuel Rosendo Fernández e Consuelo Corrales Cantariño, en reclamación de cantidade, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a lle aboaren ó demandante, polos conceptos indicados nesta resolución, a cantidade de duascentas sesenta e seis mil seiscentas vintesete pesetas (266.627 pesetas), máis un 10 % en concepto de xuro anual por mora, en proporción ó período transcorrido desde o 14 de decembro de 1999 ata

a data desta resolución, absolvendo o fondo de garantía salarial de tódalas pretensións deducidas na súa contra.

E para que lle sirva de notificación de sentencia á empresa Manuel Rosendo Fernández y Otra, S.C., e ós seus socios, Manuel Rosendo Fernández e Consuelo Corrales Cantariño, con domicilio en Porto do Son, Miñoteira, Portosín, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso e, verificado, procédase ó arquivo destas actuacións».

E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o mércores 26 de abril de 2000.

O secretario xudicial

Rubricado