O Decreto 428/1993, do 17 de decembro, polo que regula e se refunde a normativa en materia de formación náutico-pesqueira, establece no seu título III as condicións para a realización de formación non regrada náutico-pesqueira. Regúlase neste punto a figura da entidade colaboradora para imparti-los devanditos cursos e o procedemento para o seu recoñecemento.
Realizada pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, S. Coop.Ltda. (ARVI) a solicitude deste recoñecemento, e tendo en conta o carácter de sociedade cooperativa do mar, adaptada ó ordenamento xurídico cooperativo, e constituída de acor
do coa Lei 3/1987, xeral de cooperativas, do 2 de abril, e atendendo ós informes técnicos emitidos,
RESOLVO:
Artigo único.-
Recoñecer como entidade colaboradora da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en materia de formación non regrada náutico-pesqueira para o curso de competencia de mariñeiro, a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, S. Coop. Ltda (ARVI) con CIF F-36.608.131 e domicilio en Galicia, no porto pesqueiro, Apdo. 1078, código postal 36200-Vigo.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2000.
P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246 do 22 de decembro)
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura

