Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial PO-98/070.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se notifica caberá, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente nº: PO-98/070.

Denunciado: Eladio Novoa Martínez.

Último enderezo coñecido: r/ Estrada nº 24-8º I. Vigo (Pontevedra).

Contido da resolución que se notifica:

Data: 13 de abril de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: pescar con sedelas dormentes.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento e da prescrición da infracción e orde de arquivo de tódalas actuacións practicadas.