Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 2 de marzo de 2000, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de administrativos, anúnciase que o director xeral deste centro, dictou Resolución do 5 de maio de 2000 pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos de administrativos.
Estas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet http://www.cixtec.es
Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio para poder corrixi-los defectos que consideren oportunos.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.
Gonzalo Gómez Móntaña
Director xeral do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-Financeira e Contable

