Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría de operadores de ordenador de persoal laboral fixo do CIXTEC.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC de operadores de ordenador, convocada por Resolución do 3 de setembro de 1999, e remitida polo tribunal

nomeado para o efecto, a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo,

RESOLVO:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de operadores de ordenador, que se publica como anexo I da presente resolución.

Segundo.-Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC a documentación á que se refire a base 7.1º da convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no DOG ante o mesmo órgano que dicta o acto e, ademais, o contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do CIXTEC

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron

o proceso selectivo para o ingreso no cadro

de persoal laboral fixo do CIXTEC

de operadores de ordenador

Nome e apelidosDNIMéritosNota 1Nota 2Nota 3Nota 4Total

López Moraña, Margarita35.298.740-L16,9 5,835,85EXE2,7031,28

Castro Martínez, José Manuel35.314.469-Q11,806,468,224,673,0034,15

Fernández Rial López, Rafael33.265.007-S 9,007,928,884,833,2033,83

Villanueva González, Ángel36.027.152-K 8,256,679,752,503,4030,57

Abilleira Freijeiro, David44.080.421-R8,339,504,673,8026,30

Rodríguez Fernández, Teófilo J.35.301.183-R 3,956,047,254,832,9024,97

Bóveda García, José Luis34.945.464-T7,087,634,924,5024,13

Arca Barca, Fernando33.274.657-M7,089,004,643,4024,12

Otero Vázquez, Miguel Ángel33.306.412-C 2,356,048,004,253,3023,94