Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

RESOLUCIÓN da Alcaldía pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Faise público o nomeamento de Teresa Fariñas Vila, con DNI 34.593.986, funcionaria procedente da Administración xeral do Estado, pertencente ó corpo xeral administrativo, con destino actual na Delegación do Goberno en Galicia, como xefa de Negociado de Persoal, cun nivel de complemento de destino 20 e cun complemento específico de 583.091 pesetas. O nomeamento fíxose por resolución desta alcaldía do 17 de abril de 2000, unha vez rematado o proceso selectivo.

O prazo de toma de posesión contarase desde o día seguinte ó do cesamento, que terá que efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Culleredo, 19 de abril de 2000.

P.S. (Resolución 4-10-1999)

Javier Varela Tejedor

Xefe do gabinete da Alcaldía