Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-376).

Por Resolución 1758/2000, do 6 de abril de 2000, acordouse aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior PERI 7 Cancelas, en Perillo, tramitado pola Comisión Xestora do Sistema de Compensación.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de abril de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta