Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (67/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión extraordinaria en substitución da ordinaria con data do 19 de abril de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Manuel e Silverio Fernández Lamas, en representación de Proinferla, S.L. o proxecto de urbanización da UA 8 A do SU-24 (Avda. Otero Pedrayo-Ourense), do PXOU de Ourense, coas condicións técnicas fixadas polo Servicio de Enxeñería no seu informe con data do 16 de febreiro de 2000 e da Concellería de Medio Ambiente no seu informe con data do 12 de abril de 2000 logo da constitución de garantía polo importe de 59.683.944 pesetas, cincuenta e nove millóns seiscentas oitenta e tres mil novecentas corenta e catro pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de maio de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde