A Comisión de Goberno, en sesión do 24-4-2000, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de compensación do polígono B-10 do vixente PXOU-predio A Corva/San Brais, formulado por Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada e redactado
polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG do 16-11-1999 e 21-12-1999, coa finalidade de proceder á xestión e execución urbanística deste ámbito espacial de equidistribución, determinándose que a formalización deste proxecto de compensación, se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o prefire a xunta de compensación e por conta dela. En calquera caso, o documento no que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo da súa protocolización notarial, sendo ámbalas dúas obrigas por conta da xunta.
Segundo.-Incorporar, de acordo con este proxecto de compensación e convenio urbanístico subscrito o 19-1-1999, os terreos deste polígono B-10 de cesión obrigatoria -en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravames- ó patrimonio municipal e inventario de bens e á súa afectación ós usos previstos polo planeamento.
A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para procederse á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo nun superior a tres meses contado desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e a sociedade cooperativa limitada.
Terceiro.-Publica-lo presente acto administrativo no taboleiro de anuncios deste concello, xornal Diario de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia e notificarllo individualizadamente ós interesados con comunicación de testemuño del á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, dispoñendo a inscrición de Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras da súa Delegación Provincial en Pontevedra.
O que fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte co disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de confor
midade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, podendo entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte co establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes de acordo a dereito.
Pontevedra, 3 de maio de 2000.
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Medio Ambiente

