Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó disposto no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con relación coa disposición adicional 3ª, punto 3, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, no DOG e nun diario de gran tirada da provincia de Ourense, o expediente obxecto do trámite de excepción para a posterior construcción dun centro de almacenamento de botellas de GLP de 2ª categoría, no lugar denominado A Bemposta, da Bemposta, na parroquia de San Pedro de Osoño, promovido por Benjamín Colmenero Álvarez, en nome e representación de Gas Verín, S.L.

Vilardevós, 9 de maio de 2000.

José Luis Pérez García

Alcalde