Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra: nº 16/P.O.L. 2000 Láncara.-Abastecemento de auga a Oleiros, As Bouciñas e Cubeiro (parroquia de Oleiros).

Orzamento contrata: 10.250.000.

Prazo execución: 4 meses.

Clasificación esixida: non se esixe.

Obra: nº 20/P.O.L. 2000 Monterroso.-Abastecemento de auga en Avda. do Marco e mercado gandeiro e saneamento en Avda. do Marco.

Orzamento contrata: 11.691.988.

Prazo execución: 6 meses.

Clasificación esixida: non se esixe.

Obra: nº 32/P.O.L. 2000 O Incio.-Saneamento e reposición de servicios en C. Rodeiro e Foilebar (A Cruz do Incio).

Orzamento contrata: 10.000.000.

Prazo execución: 4 meses.

Clasificación esixida: non se esixe.

Obra: conservación anual de vías provinciais na zona de Friol, Guntín, Lugo e Palas de Rei.

Orzamento contrata: 43.370.000.

Prazo execución: 1 ano.

Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Obra: conservación anual de vías provinciais na zona de Vilalba e Xermade.

Orzamento contrata: 30.100.000.

Prazo execución: 1 ano.

Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobados de conservación anual; no esto das obras poderase rebaixar no prazo do execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 11 de maio de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo