A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a adquisición
de reactivos necesarios para diversas determinacións analíticas en mostras de sangue.
O cadro de características no que figuran as condicións está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia, Avda. Monte da Condesa, s/n, (15706) Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 15 horas.
As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia, ou por correo. Deberán presentarse en sobre cerrado dirixido ó administrador; no exterior do sobre deberá consta-la referencia: Analíticas/2000. O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do vindeiro 5 de xuño de 2000.
A apertura das proposicións económicas comunicarase oportunamente.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.
Roberto García de Villaescusa Collazo
Director técnico da Fundación Centro
de Transfusión de Galicia

