Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.036

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da apertura dun procedemento de contratación para a adquisición de subministracións para a extracción de sangue e inactivación viral do plasma.

A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a adquisición das seguintes subministracións para a extracción de sangue:

-Bolsas cuádruples SAG-M de 450 ml.

-Equipos dun só uso de aférese, sistemas aberto e cerrado, para a obtención de plaquetas, plasma e hemacía.

-Bolsas de recollida, procesamento e conxelación de sangue de cordón umbilical.

-Bolsas de transferencia.

-Agullas para fístula.

-Fotoinactivación do plasma con azul de metileno.

O cadro de características no que figuran as condicións das ofertas está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia, Avda. Monte da Condesa, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 15 horas.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia, ou por correo. Deberán presentarse en sobre cerrado dirixido ó administrador; no exterior do sobre deberá consta-la referencia: Bolsas/2000. O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do vindeiro 5 de xuño de 2000.

A apertura de proposicións económicas comunicarase oportunamente.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación

Centro de Transfusión de Galicia