Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 24 de abril de dous mil acordou aprobar definitivamente o Plan Especial de Mellora do Núcleo Rural de Gándara, no lugar de Mourente, termo municipal de Valdoviño, o que se fai público de conformidade co

estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo de dous meses seguintes ó da súa publicación no BOP o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, trala comunicación ó órgano que o dictou, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Valdoviño, 2 de maio de 2000.

José A. Rodríguez Fernández

Alcalde