Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: aluguer de vehículos para persoal adscrito ó Servicio de Vías e Obras.

3. Orzamento: 16.000.000 de pesetas.

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, das 10 ás 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 111, con data do 16 de maio de 2000.

Lugo, 16 de maio de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Diputación Provincial de Lugo