Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso para a concesión da xestión indirecta do servicio público municipal de depuración de augas residuais mediante a explotación, conservación e mantemento da estación depuradora de augas residuais de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 103/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión do servicio público de depuración de augas residuais no municipio de Verín, mediante a explotación, conservación e mantemento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) situada en Queizás (Verín).

b) Lugar de execución: municipio de Verín.

c) Prazo da concesión: dez anos (prorrogables).

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución das obras: non, salvo que se oferten melloras consistentes na realización de obras (ver cláusula 8ª do prego).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 31.100.000 pesetas (186.914, 76 euros).

5. Garantías.

Provisional: 622.000 pesetas (3.738,30 euros).

Definitiva: 4% do importe da adxudicación incrementado co 4% do importe económico das melloras de obra ofertadas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: Praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtenciónde documentos e información: o décimo terceiro día natural (13 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG ( se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (13 días naturais) desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse consonte o establecido na cláusula oitava do prego das administrativas particulares que rexen no concurso.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes e medio desde o remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo

que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décima das da contratación.

b) Consulta documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 15 de maio de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde