Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa con procedemento restrinxido.

Por acordo do Concello Pleno do día 31 de marzo de 2000, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a venda mediante poxa restrinxida dun ben patrimonial, propiedade do concello de Vilagarcía de Arousa, parcela edificable de 1.174 m no sector do Plan parcial do Castriño, con destino ó uso concreto e específico de centro de atención e tratamento integral de parálise cerebral.

Tipo de licitación: fíxase en 4.100.000 ptas. A mellora realizarase á alza con respecto ó tipo de licitación.

O adxudicatario estará obrigado a aboa-lo IVE correspondente.

Fianza provisional: fíxase en 82.000 ptas.

Exposición do expediente: na Secretaría do Concello, tódolos días laborables, durante as horas de oficina, agás o sábado.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: na Secretaría do Concello, de 9.30 a 13.30 horas, durante o prazo de vinteseis días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de plicas: no concello, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Proposicións: deberán presentarse conforme o modelo que consta no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos que deben presenta-los licitadores: a documentación que presentarán os licitadores é a prevista na cláusula VII do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 2 de maio de 2000.

Manuel Rodríguez Cuervo

Alcalde