Aprobada inicialmente polo Concello Pleno a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, redactado por Pórtico Dos, S.L., sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no DOG. Durante el calquera persoa física ou xurídica poderá examina-lo expediente nos servicios técnicos do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que coiden pertinentes.
Na área que se determina a continuación queda suspendido o outorgamento de licencias, xa que as novas determinacións do plan supoñen modificación do réxime urbanístico vixente dela.
Estas áreas son: zona de 58.600 m; limita: norte con terreo de protección especial; leste, con N-540 de Ourense a Bande; sur e oeste, con terreos de solo rústico común.
Bande, 18 de abril de 2000.
O secretario
Rubricado

