Aprobado inicialmente, pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 30 de marzo de 2000, o proxecto de urbanización da unidade de actuación 4-5, sométese a información pública, por un período dun mes para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 44.31º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, entendéndose definitivamente aprobado se non se presentan reclamacións.
Cangas, 28 de abril de 2000.
José Enrique Sotelo Villar
Alcalde

