Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000 pola que se anuncia a xestión do mercado de abastos en Santiago de Compostela en réxime de concesión administrativa.

Obxecto do contrato: é a concesión administrativa da xestión e administración do mercado de abastos de Santiago de Compostela.

Duración: o prazo da concesión establécese en vintecinco anos improrrogables, computados desde a data de notificación do acordo de adxudicación.

Canon: os licitadores fixarán nas súas propostas o canon que aboarán ó concello. Este poderá consistir nunha cantidade ou nunha porcentaxe dos beneficios.

Tarifas: o importe liquidado en concepto de tarifas constituirá a contraprestación económica do concesionario.

Os licitadores ofertarán un cadro de tarifas para satisfacer polos titulares das actividades desenvolvidas no recinto do mercado, de acordo cos conceptos e estructura da taxa regulada na ordenanza fiscal municipal, aínda que se incorporarán aqueles conceptos recollidos no regulamento que non se inclúen na ordenanza vixente, como é o prezo base de cada caseta para traspaso.

As tarifas actualizaranse co IPC acumulado o 31 de decembro, unha vez transcorrido un ano desde a adxudicación.

Procedemento e forma de adxudicación: o contrato adxudicarase por concurso por procedemento aberto.

Proposicións, lugar e prazo de presentación: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de 26 días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas.

Garantías:

Provisional: 100.000 ptas.

Definitiva: 1.000.000 de ptas.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Telf.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 h, do quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D...., con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio en... participa no concurso, por procedemento aberto, para a adxudicación da xestión do mercado de abastos de Santiago de Compostela en réxime de concesión, e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de:

Canon:...

Tarifas:...

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3) Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tente alcaldde