Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é o deseño, a realización e a montaxe do espectáculo nocturno das festas patronais 2000 da cidade de Santiago de Compostela, que se representará na praza do Obradoiro a noite do día 24 e a do 31 de xullo na escalinata do Campus Sur (alameda). A representación do día 24 primará os efectos lumínicos e incluirá a queima da fachada gótica.

Tipo de licitación: 35.000.000 de pesetas, IVE incluído (210.354 euros).

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de oito días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Telf.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, 12-local 4, Santiago de Compostela. Telf.: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 1.400.000 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Apertura de plicas: terá lugar en acto púlbico na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 h, o seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Dª..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono... e DNI, pasaporte ou documento que o substitúa nº..., actuando en nome propio ou en representación de..., con DNI ou CIF nº... e domicilio en..., nº... e teléfono..., toma parte no concurso, con

procedemento aberto, para a adxudicación do deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo nocturno das festas patronais 2000 da cidade de Santiago de Compostela e, para estes efectos, fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que recoñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte no concurso de..., presentada por...

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó anuncio de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde