Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do P.P. Recaré-2. (Expediente 4160/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 6 de abril de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do P.P. Recaré-2 (expediente 4160/401), presentado por Bienvenido Domínguez Vázquez en representación da entidade Inmobiliaria Recaré, S.A. redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Alberto Moreno García con visado do COAG con datas do 16 de xuño, 6 de agosto e 29 de setembro de 1999, e cun orzamento de execución material de 88.182.820 ptas. Isto coas precisións feitas nos informes técnicos do 19 de xullo, 27 de outubro e 3 de novembro de 1999, e sinaladamente as que seguen:

-A canalización de gas discorrerá preferentemente pola beirarrúa, debendo sinalarse claramente en superficie a traza mediante placas indicativas, as cales deberán indica-lo trazado de rede e os cambios de dirección. A interdistancia entre placas non deberá superar en ningún caso os 25 m. O manter en

perfecto estado o dito sistema de sinalización formará parte do programa de mantemento, vixilancia, inspección e control.

-Os edificios deberán dispoñer dun local para situación dos contadores de gas. Así mesmo, deberán incorpora-las conduccións necesarias desde a acometida á rede xeral, ata o cadro de contadores. Tanto as dimensións do local de contadores, como a sección das conduccións de gas, deberán estar suficientemente xustificadas.

-Deberán comunicar ó Servicio Municipal de Diversificación e Aforro o inicio das obras de canalización da rede de gas, así como o inicio das obras de iluminación pública.

-A situación exacta dos dez puntos de luz será definida conxuntamente cos técnicos municipais no replanteo previo á execución da instalación.

-Sempre deberán existir arquetas nos cambios de dirección e cruzamentos de calzada.

-Os puntos de luz que sexan retirados por motivos das obras que se van realizar deberán ser substituídos por outros provisionais, salvo que os técnicos municipais non o consideren necesario.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 19 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo de Vigo