Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de maio de 2000 pola que se lle notifica a Andrés Suárez Loureiro a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda, expediente C 136CD63, conta 8195.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado, sen que se puidese practicar, notifícaselle a Andrés Suárez Loureiro a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 15 de febreiro de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída en procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo. Resolución:

Visto o expediente tramitado contra Andrés Suárez Loureiro, beneficiario do local comercial obxecto desta resolución, situado no barrio das Flores, rúa Pensamentos, local nº 115, na Coruña, correspondente ó:

Expediente: C 136CD63, conta 8195, local nº 115, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas do aluguer.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. Que o Servicio de Xestión Financeira e Administración do Instituto Galego da Vivenda e Solo constata a existencia de recibos pendentes de pagamento relativos ó citado local, que ascenden, o 10 de xaneiro de 2000, ó importe de 220.043 ptas., por non pagamento dos recibos correspondentes ós meses que van desde decembro de 1979 ata xaneiro de 2000.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de quince días efectuase o ingreso do importe reclamado, o dito requirimento non foi atendido.

3. Que de acordo coas cláusulas sétima e oitava do contrato de aluguer asinado o 7 de xaneiro de 1970, o non pagamento do prezo do aluguer é causa de resolución do contrato, que se tramitará polo procedemento de desafiuzamento administrativo previsto pola normativa de vivendas de protección oficial.

4. Que dos antecedentes que constan no expediente se deduce a existencia de cesión ou subarrendamento do local sen mediar autorización da Administración nin notificación fidedigna por parte do arrendatario.

Fundamentos de dereito.

1. O Real decreto 1926/1985, do 11 de setembro, efectuou o traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de patrimonio arquitectónico, control da calidade de edificación e vivenda, traspasándose a titularidade dos locais comerciais do Estado (IPPV) situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. É competente para a resolución deste expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e

Solo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 70/1997, de estructura orgánica do citado organismo, modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

3. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato e desafiuzamento.

4. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vistos os preceptos legais invocados e as demais normas de aplicación xeral, resolvo:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento de persoas e pertenzas do local, que levará a cabo o funcionario que se designe, e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación desta resolución.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada por Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan. En Santiago de Compostela o 15 de febreiro de 2000. José Antonio Redondo López. Director xeral do IGVS».

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo