O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de abril de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da UA-16-2, sita na Travesía de Arteixo, Toribio Salvador e rúa de nova apertura, en Arteixo, promovido de oficio, e redactado polos servicios técnicos municipais (expediente 32/1999. PED).
Recursos:
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer, ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.
Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.
Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición súa sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición súa), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 3 de maio de 2000.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente de alcalde

