A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de abril de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido por Jorge Ruiz Pulido, en representación de Dragados Inmobiliaria, S.A., para a urbanización de parcela no lugar da Cachopa-Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto José Mantiñán Soler e visado polo COAG con data do 30 de marzo de 2000, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que coiden convenientes (expediente 10/00.PUR).
Arteixo, 15 de maio de 2000.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente de alcalde

